Blogia
Andresadas

A publicidade

Vitalic: toda unha bebida...

 

Aquí colócovos unha ligazón en Youtube (tamén o tedes na parte da esquerda)

Este é un traballo que fixemos para Tecnoloxía nos Medios Audiovisuais. A idea xurdiu a partir da música... Escoitando a BSO da peli The Full Monty apareceu esta anuncio para unha bebida enerxética... Espero que vos guste e que vos riades con este traballo...
P.D.Levounos gravalo tan só vintecinco minutos... A montaxe foi menos doada...

 

Un anuncio de Puma do máis orixinal...

Aquí colócovos unha ligazón en Youtube (tamén o podedes ver na parte esquerda) 

Estes estudantes de publicidade teñen cada vez máis ideas disparatadas pero simpáticas e sempre con sentido do humor. Estes amigos fixeron un spot de botas de fútbol cambiando totalmente as ideas que as grandes axencias teñen deste deporte. A seguir con ese labor tan bonito....

Un anuncio de Axe desconocido...

Descarga aquí o anuncio de Axe (4shared.com)

Arriba tedes o anuncio para velo no reproductor Youtube

Estou a realizar un traballo para socioloxía do consumo no que realizarei un estudo sobre o consumo de deodorantes. Para elo, centrareime nos deodorantes masculinos, e, principalmente, na marca Axe. O estudo da súa publicidade e das súas campañas, paréceme máis que interesante... Por tanto, móstrovos un spot arxentino que non deu chegado aquí e que nunca vistes... Considero que non ten nada que ver coa liña que Axe seguiu nas súas campañas (márcalles o camiño, academias Axe Unlimited...)

Cinemas da Lúa anúnciase no xornal

Cinemas da Lúa anúnciase no xornal

Clica aquí para descargar o anuncio en .pdf (Ábrese con Acrobat Reader)

Clica aquí para telo en .jpeg (Ábrese con calquera programa de visión fotográfica)

A continuación, amósovos un anuncio en prensa, un traballo máis para 2º de Publicidade na asignatura de medios impresos. Quizais o veredes demasiado pequeno nesta imaxe, pero colócovos unha ligazón na que poderedes observar o anuncio tanto en .pdf coma en .jpeg... Non sei se a idea é do máis ocurrente, pero non creo que a cachola me dea para moito máis... Que lle imos facer... A ver que vos parece...

Cinemas da Lúa. Salas de Cine Galegas

Descargáde tódolos arquivos do traballo (xa que a maioría teredes Acrobat Reader, cólgovolos en .pdf, porque en Corel Draw habería máis problemas ). 

As camisetas de Cinemas da Lúa

O cartaz de Somne en Cinemas da Lúa

Como serían as entradas do cine?

Unha carta de Cinemas da Lúa (Folla 1)

As follas empregadas na empresa (Folla 2)

Os sobres das cartas que envía a empresa

A tarxeta do presidente e o tarxetón para felicitacións

Este é un logotipo que lle entreguei onte ó mestre de Producción Publicitaria nos Medios Impresos. O traballo consistía en elaborar unha identidade corporativa gráfica, explicar a tipografía e a variedade cromátiva empregada e aplicar a diferentes soportes o logo. Esta ardua tarexa non sería posible sen a providencial axuda do meu grande amigo Denís, o cal lle agradezo moitísimo que gastara o seu tempo e a súa preocupación en botarme unha man para facer este traballo. Elixín unha sala de cines, por suposto, galega, que emprega coma logo a famosísima lúa dos irmáns Lumière dunha das primeiras películas da historia: Viaxe á lúa, de 1902. Gustaríame que deixarades a vosa opinión do logo, iso si, o mérito atribuidello a Denís que foi o que tiña maior idea de deseño ca min...

leite rio breogan

sddsadasdas

Estamos trabajando en ello...

Estamos trabajando en ello... Clica aquí para este simpático mp3

Estamos trabajando en ello... Hemos dedicadou tiempou ayer y esta mañana en trabajar en ello... Grandes palabras do noso presidente, que trata de acercarse máis ós americanos, empregando un acento texano no seu discurso que impresiona a tódolos periodistas...

dfggf

hfghjmhkmjmmk

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando!

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando! Todos lembramos o incidente que supuxo tema de conversación principal durante moito tempo nos EEUU. Non a guerra de Iraque, nen as campañas electorais que comenzaban, nen o conflito palestino-israelí. Senón unha simple teta. Sí, o que están a ler. Unha simple teta, que dá igual que sexa de Janet Jackson ou de calquera outra muller do planeta. Non é mais que unha parte do corpo como outra calquera, dunha muller. O feito de que o cantante Justin Timberlake, desprendiera unha parte do vestido da Jackson, que ofrecía a cámara un peito da cantante (decorado con unha perla brillante de cor gris, para que aos morbosos non se lles ocorrese ver o pezón da famosa intérprete, para máis inri, tanta polémica, e encima a cantante non mostra o seu peito de maneira desinhibida e total). O detalle curioso que merece a mágoa apontar, é que eses dous segundos emitidos no descanso da Superbowl, supoñeron millóns de descargas e de visitas na rede, máis que calquera outro portal de Internet de contido erótico ou pornográfico durante o mes de febreiro do pasado ano.

Ese 1 de febreiro de 2004, no que Janet Jackson enseñou un dos seus peitos, Estados Unidos xa non voltaría a ser o mesmo país. Porque o país estaba escandalizado, pero ao mesmo tempo contento co suceso (por iso engádolles o dato da rede de Internet).

Outro suceso que conmocionou ao país, foi que o día 28 de agosto de 2004, durante a gala musical de MTV, tres cantantes que estaban a realizar unha actuación para o evento: Britney Spears, Madonna e Christina Aguilera realizasen un acto considerado por algúns de moi mal gusto. Madonna, situada no centro durante a actuación, nun momento que a voz da canción estaba pausada, decidiu xirarse cara a dereita e dárlle un bico a Britney. Ante a estupefacción dos xornalistas, fotógrafos e demáis persoal, Madonna acabou xirando cara o outro lado e dárlle un bico tamén a Christina.

Ambos sucesos foron excusados totalmente polos "artistas", ciñéndose a que foron accións improvisadas, que non tiñan a intención de causar polémica nen de chamar a atención... Non era nada preparado, todo fora espóntaneo e do momento. A partir destas dúas "indecentes actuacións", os medios de comunicación non ían permitir que voltara a pasar. Así que decidiron que non ian retransmitir a programación a tempo real, é dicir, que ia deixar de existir o seu live(en directo). As retransmisións se realizarían dous segundos despois, e asi en caso de escándalo televisivo, a xente non se vería "contaminada" polas aberracións que a algunhas persoas acostuman tentar compartir co resto. Supoño que coñecerán o ton irónico e de sarcasmo no que estou tecleando agora mesmo, ¿non?

Pois ben, tras colocar esta breve (ainda que interesante) introducción, vos vou pór ao dia en como está a situación actual. Aquelas "normas da decencia" establecidas no seu momento polo FCC foron endurecidas severamente polo seu novo director, Kevin J. Martin, o cal fora selecionado polo presidente dos Estados Unidos de América, o señor (por dicir algo) George Walker Bush. A FCC (o acrónimo de Federal Communications Commission) decidiu trasladar a decisión de censurar a programación dos canais de televisión por cable, satélite e dixital (todos os canais de pago), e practicar a política contra a "indecencia". polo tanto que os usuarios que teñen antena de pago por visión, poden estar satisfeitos, xa que a decencia vai reinar na súa información e cultura audiovisual.

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico!

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico! En relación ao artigo anterior, gustaríame falar un pouco máis do incidiente da gala de premios da MTV, no cal dúas "divas da canción" para o mundo enteiro (pola cantidade de discos que venden, e a cantidade de premios que reciben...) Britney Spears e Christina Aguilera, bícanse cunha das grandes cantantes de pop de tódolos tempos: Madonna. O acto supuxo polémica porque nel participou a virxe máis desexada dos Estados Unidos, xa que Britney decidiu declararse ante os medios como muller puritana e virxe, que non praticara actos sexuais ata o momento. En España, apareceu no programa La casa de tu vida, unha muller que revelaba o seu mesmo segredo, e que creo que se deberia manter xa á marxe da televisión, porque non é o seu (sinto se amolei a algún admirador da famosa casposiña, pero eu escribo o que penso). Parvadas aparte, o feito de que as cantantes se bicasen ainda é lembrado por todo o mundo. Non só polos EEUU, xa que a notícia tivo unha repercusión internacional tremenda, xa que ao mellor o mesmo que comentaban a polémica en Cincinnati, o estaban a facer en Albacete.

Britney Spears (a cal tivo unha relación co protagonista do artigo anterior - non, o director de FCC non, nen o presidente Bush- o cantante Justin Timberlake, o cual supoño todos saberíades) afirmara que era a primeira vez que bicaba a unha muller, e que, ainda que deixaria pasar un tempo para que se calmasen os ánimos, o voltaría a repetir...

¿ Que pensades de todo isto? ¿ Cren que a política da "decencia" chegará a España? ¿ Unha teta e un bico son algo maravilloso, ou sen embargo, prácticas suxas e indecentes? Rógolles: comenten, escriban, inventen, pensen....